hiperbólico -ca

hiperbólico -ca

(

  1. adx [LIT]
    1. Relativo ou pertencente á figura retórica da hipérbole.

    2. Que inclúe unha hipérbole.

  2. adx [MAT]
    1. Relativo ou pertencente á hipérbole.

    2. Que ten forma de hipérbole.

    3. Relativo ou pertencente ás funcións hiperbólicas.

  3. adx [AERON/MAR]

    Aplícase ao sistema de radionavegación que determina a posición da nave, en función da diferenza de distancia a dous ou máis puntos fixos onde hai emisoras sincronizadas, que determinan unha rede de hipérboles que permite fixar a posición.