hiperrealismo
hiperrealismo
(< hiper- + realismo)
s
m
[ARTE]
Tendencia pitórica, coñecida tamén como realismo fotográfico e realismo radical, entre outros termos, que pretende ofrecer unha versión minuciosa e detallada das imaxes. Naceu en West--Coast, EE UU, promoveuse en Europa na Documenta de Kassel de 1972 e confirmouse na exposición que, co nome de Hiperrealismo, presentou en París Uldo Kulterman. Os artistas hiperrealistas tratan de transcribir a realidade servíndose dos medios técnicos e fotográficos de manipulación das imaxes. Entre outros destacaron D. Hanson, J. Salt, D. Eddy, C. Clarke, J. de Andrea, J. Harvorth, A. Dworjowitz e C. Bravo.