hipocrático -ca

hipocrático -ca

(

  1. adx

    Relativo ou petencente a Hipócrates e á súa doutrina.

  2. medicina hipocrática [ANTROP/CULT]

    Sistema médico que conviviu tradicionalmente na Europa rural xunto a biomedicina e a medicina bruxo-relixiosa. Forma parte da antiga medicina natural de tipo humoral (fronte á científica) e baséase na doutrina dos catro elementos e dos catro humores, das catro substancias corporais máis parecidas á terra, á auga, ao aire e ao lume: a bile negra (atrabile e melancolía), a flegma, o sangue e a bile (bile amarela e cólera). Os médicos hipocráticos asocian a bile negra co bazo, como a terra; a flegma, co líquido acuoso que sae polo nariz e que procede -segundo a súa crenza- do cerebro; o sangue, co aire, porque o transporta desde os pulmóns ao corazón e deste a todo o corpo para refrixeralo; e a bile, o líquido que se acumula na vesícula biliar, co lume, pola súa cor amarela. A medicina humoral é realmente unha forma de filosofía, a parte correspondente á bioloxía e á medicina dunha concepción do mundo que considera o Universo formado polos mesmos catro elementos e dividido en macrocosmos, cosmos e microcosmos permanentemente relacionados. De feito, as estrelas e os planetas inflúen nas plantas, nos animais e nos minerais, e todos inflúen nas persoas, porque toda a realidade está composta polos mesmos elementos. Esta concepción do mundo supuxo, sen dúbida, a elaboración máis complexa ideada polo home antes da ciencia moderna.

  3. xuramento hipocrático [MED]

    Xuramento recollido no Corpus Hippocraticum que se basea nos preceptos de Hipócrates ou da súa escola. Pénsase que, na Antigüidade clásica, todos os que querían exercer a medicina estaban obrigados a pronuncialo. Polo seu alto espírito humanista, foi adoptado como guía ética pola profesión médica.