hipócrita
hipócrita
(< lat ecles hypocrĭta< ὑποκριτής)
-
adx e s
Que ou quen actúa con hipocrisía.
Ex: Es un hipócrita e un mentireiro.
Confrontacións: farsante. -
adx
Que mostra hipocrisía.
Ex: Convenceunos con palabras hipócritas.
Refráns
- Tira-la pedra con man allea, é cousa fea.
- Tira-la pedra e esconde-la man, é de pailán.