hipódromo

hipódromo

(< lat hippodrŏmo

  1. s m

    Recinto destinado a carreiras de cabalos e a exercicios equestres. Está formado por un circuíto de terra ou herba, normalmente de forma elíptica, dun perímetro que vai dos 800 m aos 3.000 m, que posúe ademais, chanzos para os espectadores, cortes para os animais e oficinas onde cursar apostas sobre os resultados das carreiras. Existían na Antiga Grecia (Olimpia, Delfos ou Atenas), e no mundo romano foron substituídos polo circo e polo estadio.

  2. s m

    Xardín en Roma, na época dos Antoninos, de forma alongada, rodeado de pórticos con exedras nos extremos.