hipófise

hipófise

(< grύπόφυσις)

s f [ANAT]

Glándula de secreción interna, en forma de faba, situada na base do cerebro polo talo pituitario. Esta glándula, relacionada co hipotálamo, regula a maior parte de funcións do organismo entre as que se atopan o desenvolvemento, a sexualidade e o metabolismo. Consta dun lóbulo anterior ou adenohipófise, e un lóbulo posterior ou neurohipófise, que segregan no sangue numerosas hormonas.