hipoide
hipoide
adx
[TECNOL]
Aplícase á engrenaxe de dentadura en espiral, de eixes cruzados, en que as superficies primitivas son troncos de hiperboloide. Utilízanse na transmisión dos automóbiles para accionar o diferencial. Abultan menos ca os pares cónicos convencionais, pero tenden a expulsar a película de aceite lubrificante. Teñen un funcionamento máis regular e máis silencioso ca os de dentes rectos.