Hipólito

Hipólito
[MIT]

Heroe grego, fillo de Teseo e da amazona Antíope, ou quizais de Hipólita. Da súa nai herdou a afección pola caza. Veneraba a Ártemis pero desprezaba a Afrodita, así que esta, en vinganza, fixo espertar en Fedra, a segunda esposa de Teseo, unha paixón irrefreable polo mozo. Con todo, Hipólito rexeitouna e Fedra, por medo a que a delatase, finxiu ser víctima dun intento de violación. Teseo creuna e pediulle a Posidón que matase o seu propio fillo. Daquela, cando o mozo conducía o seu carro á beira do mar, o deus fixo saír das ondas un mostro mariño que asustou os cabalos e casou a súa morte. Cando Fedra soubo da desgracia, aforcouse arrepentida.