hipóstase

hipóstase

(< lat hypostăsis

  1. s f [FILOS]
    1. Substancia considerada como a realidade ontolóxica, en contraposición á puramente mental.

    2. Cada un dos tres graos supremos ou primeiros que recoñecía Plotino: o un, que é e que está por riba de todas as cousas; o νοῦς ou intelixencia que contén os tipos eternos; e as ideas e a alma.

  2. s f [RELIX]

    Cada unha das persoas da Trindade, en contraposición á única natureza divina.

  3. s f [XEN]

    Interacción entre dous xenes en que un impide a expresión fenotípica do outro, que non é alelo do primeiro.

  4. s f [LING]
    1. Cambio de categoría gramatical que experimenta unha palabra sen a necesidade dun elemento transpositor. Por exemplo, un substantivo que, dependendo do contexto, pode adoptar o valor dun adxectivo.

    2. Formación dunha palabra a partir doutras que adoitan aparecer en conexión sintagmática. Por exemplo, procónsul