hipotiroidismo
hipotiroidismo
(< hipo- + tiroidismo)
-
s
m
[PAT]
Estado patolóxico orixinado por unha deficiencia da hormona tiroide, a tiroxina. OBS: Tamén recibe o nome de insuficiencia tiroide.
-
hipotiroidismo de adulto
[PAT]
Hipotiroidismo que se caracteriza pola afección do tecido conectivo subcutáneo (mixedema). O aspecto do paciente caracterízase pola facies mixedematosa, coa pel grosa, edematosa e seca.
-
hipotiroidismo infantil
[PAT]
Hipotiroidismo causado por unha ausencia conxénita de glandula tiroide (atireose), por defectos conxénitos na síntese da hormona ou por falta endémica de iodo. Determina atraso mental e do crecimento (ananismo hipotiroideo) e outros trastornos. Denomínase tamén cretinismo.