Hippolais
Hippolais
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de paseriformes de 13 cm de lonxitude que pertence á familia dos sílvidos. Presentan ás longas, cola case cadrada e unha liña amarela desde a base do pico ata o fin da cabeza. As especies deste xénero presentes en Galicia coñécense por folosa.