hirudíneo -a

hirudíneo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente os hirudíneos.

  2. s m [ANIMAL]

    Anélido da clase dos hirudíneos.

  3. s m [ANIMAL]

    Clase do filo dos anélidos, integrada por individuos de corpo cilíndrico e brando, desprovistos de quetas, con clitelo nas femias, e provistos de dúas ventosas terminais, unha anterior arredor da boca utilizada para a alimentación, e unha posterior ou caudal que usan para a fixación e locomoción. Son animais parasitos ou depredadores e están adaptados a un réxime hematófago. Despois de fixarse coa ventosa caudal aplican a ventosa bucal á pel das súas víctimas e zúganlle o sangue coa farinxe. A maioría son de auga doce, pero tamén as hai mariñas e terrestres que viven en solos húmidos. O máis coñecido de todos é a especie Hirudo medicinalis.

Palabras veciñas

Hiroshima | hirsutismo | hirsuto -ta | hirudíneo -a | Hirudo | hirundínido -da | Hirundo