Hispasat

Hispasat
[COSMON]

Serie de satélites de comunicacións españois, proxectados polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e a Axencia Espacial Europea. No ano 1992 foi lanzado o Hispasat 1A, e en 1993 o 1B, ambos os dous desde Kourou (Guyana Francesa). As súas funcións son asegurar as comunicacións telefónicas, transmitir datos e difundir a televisión por unha parte de Europa e América.