histiocitose

histiocitose

(< histio- + -cito + -ose)

  1. [PAT]

    Presencia excesiva de histiocitos.

  2. histiocitose X [PAT]

    Conxunto de enfermidades caracterizadas pola proliferación anómala de histiocitos, que pode afectar a diversos órganos (pel, ganglios linfáticos, pulmóns, ósos, fígado e bazo). As principais son a enfermidade de Letterer-Siwe, a de Hand-Shüller-Christian e o granuloma eosinófilo.

Palabras veciñas

histidina | histio- | histiocito | histiocitose | histiodromía | histo- | histocompatibilidade