Histoire naturelle
Histoire naturelle
[BIOL]
Obra de carácter enciclopédico concibida e iniciada polo conde de Buffon. Consta de 44 volumes e foi publicada en París de 1749 a 1804. É un ensaio metodolóxico que esboza os principios para o estudo da historia natural no primeiro volume e xustifica a totalidade da obra. Nos seguintes volumes trata sobre cosmoloxía, xeoloxía, mineraloxía, bioloxía do home e dos animais vertebrados e un longo estudo das aves.