histoloxía
histoloxía
(
s
f
[BIOL]
Rama da bioloxía que estudia a composición e estrutura microscópica dos tecidos orgánicos. A histoloxía estudia o crecemento dos tecidos, animais e vexetais, desde o período xerminativo ata que completan a súa formación. Tamén se ocupa da relación entre estrutura e función, e dos cambios de estrutura segundo a función que realice. A histoloxía humana estudia o crecemento dos catro tecidos básicos (epitelial, conectivo, muscular e nervioso) a partir das tres capas xerminativas (ectoderma, mesoderma e endoderma) e a adaptación entre eles durante o desenvolvemento para formar os órganos.