Holanda, Guerra de

Holanda, Guerra de

Conflito suscitado por Francia contra as Provincias Unidas (1672-1678) por causa do seu crecente pulo económico e das consecuencias da Guerra de Devolución. Luís XIV tras aumentar as súas taxas aduaneiras (1667), buscou a alianza con Inglaterra, Portugal, Savoia, Baviera e Suecia para ocupar Lorena (1670) e atacar as Provincias Unidas (1672). Os holandeses, ante os ataques dos exércitos franceses, buscaron o apoio da coroa hispánica, do Sacro Imperio e de Dinamarca e nomearon a Guillerme III de Inglaterra stadhouder de Holanda. Non obstante , a retirada do conflito de Inglaterra (1674) e a derrota dos exércitos suecos (1675) obrigaron a Luís XIV a iniciar as conversacións que culminaron coa Paz de Nimega (1678).