holocéfalo -la

holocéfalo -la

(< holo- + -céfalo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos holocéfalos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da subclase dos holocéfalos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Subclase de peixes, da clase dos condritios, que teñen o corpo fusiforme, rematado nunha aleta caudal longa e pouco aparente; as fendeduras branquiais están cubertas por un opérculo, e as mandíbulas teñen placas dentais; carecen de escamas. Son animais de costumes bentónicos e habitan normalmente a bastante profundidade, onde se alimentan de invertebrados. É un grupo pouco numeroso, de carácter arcaico, que inclúe formas fósiles coñecidas desde o Devónico. Nesta clase encontramos, por exemplo, o peixe rato (Chimaera monstrosa), que se pode atopar nos mares de Galicia.

Palabras veciñas

holobasidio | holoblástico -ca | holocausto | holocéfalo -la | holocénico -ca | Holoceno | holoceno -na