homenaxe
homenaxe
(< occ homenatge)
-
[HIST]
-
s
f
Manifestación externa e ostensible durante a Idade Media do compromiso solemne existente entre o vasalo e o seu señor. Tratábase dunha cerimonia na que o vasalo, coa cabeza descuberta e sen armas, xuntaba as súas mans coas do seu señor (inmixtio manuum) ao tempo que recitaba unha fórmula, coa que recoñecía as súas relacións de vasalaxe, e se bicaban.
-
torre da homenaxe
Torre máis alta dun castelo, onde tiñan lugar os xuramentos de fidelidade tanto de vasalos como de señores.
-
s
f
-
s
f
-
Demostración de respecto ou veneración que se mostra cara a alguén.
Ex: A súa actitude mostraba ás claras a homenaxe que lle facía ó seu mestre.
-
Acto que se fai como sinal de respecto, afecto ou admiración.
Ex: A homenaxe celebrouse no salón de actos da facultade.
-