homotecia
homotecia
(< homo- + grθετός ‘colocado, disposto’)
s
f
[MAT]
Transformación xeométrica do plano ou do espazo que cumpre estas dúas condicións: calquera punto A e a súa imaxe A’ están aliñados cun punto fixo O chamado centro de homotecia, e os segmentos OA___ e OA___’ cumpren a relación OA___´ = kOA ___, k sendo, para cada homotecia, unha constante real denominada razón da homotecia. As homotecias transforman rectas en rectas, circunferencias en circunferencias e conservan os ángulos.