Honrado Concejo de la Mesta
Honrado Concejo de la Mesta
Nome dado por Afonso X o Sabio en 1273 á unión das diferentes mestas que existían na Coroa de Castela. Dividíase en diferentes federacións locais e nun principio tivo un carácter democrático, aínda que desde finais do s XIV apareceu controlado polos grandes gandeiros, os mosteiros e os aristócratas. Tiña atribucións sobre todo o gando transhumante do reino e, desde mediados do s XIV, sobre o gando estante.