horóscopo
horóscopo
(< lat horoscŏpu < grώροσκόπος)
-
s
m
[ASTRON]
Mapa celeste da posición xeocéntrica dos astros, nun momento determinado, que os astrólogos utilizan para facer as súas predicións e xuízos. Xeralmente refírese ao momento do nacemento dunha persoa, pero tamén pode referirse a un animal ou a calquera obxecto. Consta dunha circunferencia dividida en 360° sexaxesimais, repartidos en 12 sectores de 30°. A cada un deles correspóndelle un signo zodiacal, e onde se indican as posicións planetarias no momento estudado e a correspondente división en casas segundo a latitude e a hora do día en que tivo lugar o acontecemento.
-
s
m
Conxunto de predicións ou xuízos referidos ao futuro dunha persoa, que se fan tendo en conta a posición dos astros.