Hospital, casa-torre de
Hospital, casa-torre de
Construción situada no Hospital (Quiroga). Pode ter a súa orixe no s XII, aínda que a fábrica que se conserva é do s XVIII. A súa planta case é cadrada, con tres plantas e pináculos nas esquinas. Na fachada N conserva dous escudos enmarcados por unha moldura acobadada na parte superior; un alude aos Losada, Quiroga de la Puebla, Quiroga de Quiroga e Valcarce, e outro aos Somoza, Quiroga, Alonso e Balboa.