Hudson, baía de
Hudson, baía de
Baía do N de Canadá situada ao O da península do Labrador, e ao N da provincia de Ontario. Comunícase co Océano Atlántico (mar do Labrador) a través do estreito de Hudson. O principal porto é Churchill, na provincia de Manitoba, na súa beira occidental.