hulla
(< fr hulle)
-
s
f
[XEOL]
Carbón mineral, rocha sedimentaria de orixe orgánica que, tendo e conta a clasificación dos carbóns baseada no contido de carbono e de elementos volátiles, sitúase entre os carbóns subbituminosos e a antracita. Contén entre un 74% e un 94% de carbono. A cor é negra e ten o brillo do vidro. Utilízase en procesos metalúrxicos; constitúe un excelente combustible, de gran poder calorífico.
-
hulla branca
[FÍS/ECON]
Nome que se dá á enerxía obtida a partir dos saltos de auga. As principais áreas de expansión de hulla branca son: América do Norte, cos sistemas de presas dos ríos Colorado e Columbia, as áreas do río San Lourenzo e dos Apalaches, cos saltos do límite do escudo canadense (Niágara) e o complexo do río Tennessee e tributarios. Europa, cos sistemas das terras altas escandinavas e os Alpes, os Pireneos e o Macizo Central francés, Rusia e Ucraína, cos sistemas dos ríos Volga, Don e Dniéper e os de Siberia, e o Extremo Oriente (Xapón). Tamén en Australia (sistemas do río Snowy e doutros), África (presas de Kariba, Volta, ‘Aswān) e América do Sur, particularmente en Brasil.