humano -na
humano -na
(< lat humānu)
-
adx e s
Que ou quen pertence á especie Homo. OBS: Como substantivo, adoita empregarse en plural.
Ex: Ser humano. Nesa novela os humanos eran dominados polas máquinas.
-
adx
-
Relativo ou pertencente ao home, ser animado racional, ou aos homes.
Ex: A catástrofe produciu perdas humanas e materiais.
-
Que é propio do home.
Ex: A máquina parecía estar dotada de intelixencia humana.
-
-
adx
-
Que se sente solidario cos outros e mostra humanidade.
Ex: Desde aquela foi moi humano cos animais.
-
Que é propio deste tipo de persoas.
Ex: Considero que non é un xesto moi humano darlle ese trato.
-