humidade

humidade

(

  1. s f

    Calidade de húmido.

  2. [ALIM]
    1. humidade relativa do equilibrio

      Humidade relativa en que un alimento (ou outro produto) non gaña nin perde humidade. Numericamente corresponde ao valor da actividade da auga multiplicada por cen.

    2. s f

      Contido de auga dos alimentos, especialmente o fixado pola lexislación. A súa determinación analítica (por perda de peso, de destilación con disolventes non mesturables ou acuometría) é importante para a detección de fraudes e para estudar a súa alterabilidade (directamente proporcional á humidade).

  3. s f [METEOR]

    Elemento meteorolóxico que fai referencia á cantidade de vapor de auga contido na atmosfera. A cantidade de vapor de auga que existe de feito na atmosfera é a humidade absoluta, e mídese en gramos de vapor de auga por metro cúbico de aire. A proporción entre a cantidade de vapor de auga que contén o aire e o máximo que podería conter para acadar a saturación dá a humidade relativa, medida en tanto por cento. Existe ademais a humidade específica, cociente entre a masa de vapor de auga e a masa de aire húmido, e a proporción de mestura, cociente entre a masa de vapor de auga e a masa de aire seco.

Refráns

  • O alcipreste non se rega, porque crece coa lentura.