humorismo
humorismo
(< humor)
-
s
m
-
Actitude de quen ve o lado cómico e irónico das cousas.
-
[LIT/ARTE]
Estilo literario, gráfico ou artístico en xeral, que interpreta a realidade nos seus límites cómicos, absurdos ou incongruentes. Aínda que primitivamente buscaba a esaxeración dos defectos físicos e as situacións grotescas, despois analizou os costumes sociais. Foi moi empregado no periodismo como instrumento de penetración política. A súa manifestación plástica denomínase comunmente caricatura. No mundo cultural británico, Francia e Alemaña deu lugar, entre outros, a personaxes como Picwick, Tartuf e Falstaff.
-
-
s
m
[HIST/MED]
Doutrina médica sen valor científico, segundo a que todas as enfermidades son o resultado das alteracións dos humores do organismo.
Sinónimos: humoralismo.