hurrita
-
adx
Relativo ou pertencente aos hurritas ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo hurrita.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo do Oriente Próximo de orixe discutida, que puido habitar orixinariamente na área comprendida entre os lagos Van e Urmia. Cara ao 2400 a C desprazáronse cara ao S e fundaron diversos principados na rexión entre os ríos Tigris e Diyālā (2371 a C-2191 a C) e o N de Mesopotamia. Ao redor do 1800 a C produciuse un segundo desprazamento dos hurritas cara ao N de Siria, e a partir do 1600 a C comezou a consolidarse o Reino de Mitanni, que controlou unha extensa rexión ata que trala recuperación dos hititas foron derrotados no s XIV. Trala desaparición de Mitanni subsistiu un pequeno reino hurrita independente en Armenia.
-
s
m
[LING]
Lingua dos hurritas, aínda sen clasificar (amosa semellanzas co elamita, co ẖatti e, sobre todo, co urarteo e coas linguas caucásicas). Documéntase desde o 2300 a C e coñécese por unha serie de textos hurritas escritos nun silabario especial derivado do sumerio-acadio (táboas de Al-Amārna, Boǧazköy e Mari) ou na cuneiforme alfabética de Ugarit e, tamén, en diversas glosas (Boǧazköy) e nomes propios (Alalaẖ, Nuzi, Babilonia, etc), documentados en textos non hurritas.
-
relixión hurrita
[RELIX]
Relixión propia dos hurritas. As súas divindades representadas de xeito antropomorfo ou zoomorfo encarnaban as forzas da natureza. O seu panteón, que influíu no hitita, comprendía deuses propiamente hurritas, outros mesopotámicos e indoarios.