Hymenolepis
Hymenolepis
[ANIMAL]
Xénero de platihelmintos cestodos, da familia dos himenolépidos, de aproximadamente 2,5 a 4 cm de lonxitude, con proglote ancha e curta; son parasitos dos animais e do home, neste último caso só poden afectarlle as especies H. nana (sobre todo aos nenos) e H. diminuta (por inxestión accidental de alimentos infestados).