iac
iac
(< ingl yak < tibetanogyag)
s
m
[ANIMAL]
Mamífero ruminante, da orde dos artiodáctilos, de corpo moi forte, cabeza moi voluminosa e grandes cornos. Presentan unha densa pelaxe polo que toleran climas moi fríos. Poden acadar o 1,9 m de altura na cruz, os machos, e 1,6, as femias. Habita nos altiplanos do Tibet, preto dos 6.000 m de altura.