iavista
iavista
(< antropónimo Iavé)
adx
[RELIX]
Aplícase a unha das fontes, os documentos e as tradicións principais (abreviada, J) que se discernen no Pentateuco. Ten como trazos característicos, entre outros, o uso do nome de Iavé (e non o de Elohim) e o de Israel (en lugar de Xacob). Presenta unha visión universalista da historia e unha concepción antropomórfica de Deus. Orixinaria do Reino de Xudá, esta fonte é anterior ao 721 a C.