Ibáñez, pazo de
Ibáñez, pazo de
Casa do concello de Ribadeo construída no s XVIII por Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. De estilo neoclásico, eríxese sobre un podio cunha escalinata de acceso. No corpo inferior atópanse catro vans formando un soportal sobre o que se sitúa o corpo superior, formado por unha balconada de ferro, fundida na fábrica de Sargadelos, e ventás rematadas nun frontón triangular. No tellado destacan catro mansardas. O escudo municipal da fachada é un engadido posterior.