ibero -ra
-
-
moeda ibera NUMIS
[NUMIS]
Moeda empregada entre os ss III a C e I a C polos poboadores da rexión que comprendía ao L e ao S da Península Ibérica, penetrando cara ao interior polo val do Ebro ata o territorio dos vascóns e ata o Alto Duero. Caracterizábase polo emprego dun alfabeto hemisilábico. As primeiras emisións, a mediados do s III a C, foron as denominadas dracmas ibéricas de imitación, que seguían o modelo grego pero con topónimos e xentilicios no seu alfabeto. Acadou o seu período de plenitude entre o s II a C e a primeira metade do s I a C, pero as emisións ibéricas foron substituídas pouco a pouco polas romanas de municipios e colonias, con algunhas emisións bilingües. A partir de mediados do s I a C, as cuñaxes realizáronse exclusivamente en alfabeto latino. Trala chegada ao poder de Octavio Augusto considérase que desapareceu a moeda iberorromana. A tipoloxía presentou poucas variacións: no anverso presentaba unha cabeza de home, identificada cun deus, posiblemente Hércules, Ares ou Apolo, mentres o reverso variaba segundo o valor da moeda.
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo ibero.
-
s
m pl
Conxunto de pobos que se estenderon entre Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e boa parte de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación, que apareceu nas fontes escritas gregas desde o s V a C, empregouse para designar a Península Ibérica. A súa unidade cultural e social, que se manifestou no carácter sincrético da relixión, nos rituais funerarios de incineración, na iconografía artística, na vocación guerreira e nos vínculos de relación clientelar, permite definir o territorio ibero. Malia todo, presenta diferencias rexionais nos sistemas de goberno, cun predominio dos gobernos monárquicos no S e aristocráticos no L, nas actividades económicas dominantes, e nas variedades e tipoloxías construtivas e decorativas. Cronoloxicamente o mundo ibero pode dividirse en catro etapas: período de formación (650 a C-550 a C), ibérico antigo (550 a C-450 a C), ibérico pleno (450 a C-200 a C) e ibérico tardío (200 a C-comezo do s I d C). A área ibera dividiuse nunha serie de pobos, coñecida polos autores clásicos, cuns límites imprecisos. Os indixetes ocupaban o Empordà, e os ausetáns tiñan o núcleo na comarca de Osuna. Nos Pireneos e Prepireneo catalán atopábanse, de L a O, os olositanos, relacionados con Olot; os berxistanos vinculados con Berga; os ceretanos da Cerdanya; os andosinos de Andorra. Os laietanos estendíanse pola chaira de Barcelona, o Maresme e o Vallès, e os ilerxetes tiñan o seu centro nas comarcas que rodeaban a cidade de Lleida, mentres que os lacetanos se atopaban entre ambos os dous. Os cosetanos tiñan o seu centro no Camp de Tarragona, que limitaban polo S cos ilercavóns, centrados na zona do Baixo Ebro. A rexión central da Comunitat Valenciana, con València, Sagunt e Llíria, estaba ocupada polos edetanos, separados dos contestanos polo Júcar. Cara ao S atópanse os deitanos, na veiga do río Segura ao redor de Cartagena. Seguindo a liña da costa atopamos os bastetanos en Almería que se estenderon cara á veiga de Granada, con Baza como a principal poboación. A Alta Andalucía estaba poboada polos oretanos, que ocupaban a zona oriental de Sierra Morena, o N e o L da provincia de Jaén e parte das de Ciudad Real e Albacete. No val do Guadalquivir destacaban os turdetanos, herdeiros dos tartesos, mentres os bástulos estarían situados na actual provincia de Granada. Os seus núcleos básicos eran os poboados, dirixidos por consellos aristocráticos e establecidos case sempre en lugares de fácil defensa, rodeados por murallas e con marcas dun urbanismo importado. As casas, de pequeno tamaño, tiñan entre un e catro cuartos e non presentaban marcadas diferencias na decoración exterior. Construíanse con paredes de cachotería, mentres que para a parte superior empregábase o adobe, que nos teitos se mesturaba con madeira. Os santuarios, con frecuencia en pequenas construcións, situábanse en lugares altos (Serreta de Alcoi, El Cigarralejo en Mula) ou en covas. Descoñécense os nomes das divindades. As súas industrias, que representan un avance fronte a períodos anteriores, destacaron polo emprego do ferro nunha gran variedade de instrumentos e ferramentas agrícolas, para a construción e a carpintería, pero tamén en armas de guerra. A súa agricultura centrouse nos cereais, na oliveira, que trouxeran os fenicios, e na vide, que se comezou a cultivar a partir do s IV a C. As froiteiras e as hortalizas estendéronse xunto con plantas téxtiles como o liño e o esparto. Como consecuencia da influencia grega introduciuse a economía monetaria que favoreceu as relacións comerciais. Na maioría dos xacementos atopáronse restos de cerámica ática, moi corrente desde finais do s V a C, que foi substituída durante o s III a C pola romana (campaniana). Tradicionalmente considerouse que a cultura ibera representa un cambio de civilización provocada polos contactos que os indíxenas debían establecer, a través dos gregos e dos fenicio-cartaxineses, cos pobos desenvolvidos da época. OBS: Tamén se denomina ibérico.
-
s
m
[LING]
Lingua dos iberos que estaba estendida no levante da Península Ibérica, desde o N dos Pireneos ata o estreito de Xibraltar. As fontes do seu estudio, ademais dos nomes propios que aparecen nos textos ou nas inscricións latinas, son os textos epigráficos indíxenas, escritos en alfabeto grego, como os chumbos de Alcoi e de El Cigarralejo, ou na escritura ibera. O aspecto máis coñecido da lingua ibera é a onomástica persoal. OBS: Tamén se denomina ibérico.
-
arte ibera
[ARTE]
Arte desenvolvida no territorio dos iberos durante o florecemento desta civilización, entre os ss V e I a C. Destaca o seu carácter meridional, pois céntrase en València, Murcia e Andalucía. A arquitectura era alintelada con arcos e bóvedas e empregaba o aparello ciclópeo. Nos poboados destacan as murallas (Puig de Alcoi) e as cámaras sepulcrais (Pozo Moro, Albacete). A escultura con representacións humanas, das que destacan a Dama de Elx e a Dama de Baza, e animais, é de pedra, mentres que as figuriñas doadas como exvotos son de bronce, como as atopadas nos santuarios de Despeñaperros e Castillar de Santiesteban de Sierra Morena, ou de terra cocida, como as do santuario da Serreta de Alcoi. A pintura coñécese mediante a cerámica. O estilo de orixe máis antiga é o da decoración xeométrica, con bandas horizontais, combinadas con círculos e, máis adiante, con elementos decorativos vexetais. Estendeuse por toda a área ibérica e mantívose desde o s VI ata a súa desaparición. Os dous estilos máis característicos son o de Elx-Archena, de sentido simbólico, e o de Murcia, con figuras humanas e animais simbólicos, combinadas con elementos vexetais e xeométricos. Da mesma época é o estilo narrativo coñecido co nome de Oliva-Llíria, característico da zona central valenciana. Coñécense pezas notables da ourivería e xoiería, como as páteras con relevos e incisións de Tivissa. En conxunto, a arte ibera maniféstase como unha recreación orixinal, cunha esencia indíxena con influencias mediterráneas, chegadas a través dos colonizadores gregos e fenicios.
-
escritura ibera ESCR
[ESCR]
Escritura propia dos pobos iberos, que a utilizaron durante cinco séculos (V-I a C). Ten 28 signos e é moi difícil de descifrar; en 1925 Manuel Gómez Moreno conseguiu descifrar o sistema gráfico ibérico, que é hemisilábico, isto é, que mantén un signo para cada vogal e cada consoante continua (l, m, n, r, rr, s, ss), mentres que as oclusivas dispoñen de cinco signos cada unha, porque sempre están vocalizadas (pa, ba, etc); ao principio marcábase a diferenza entre sonoras e xordas (pa, ba, etc). Este sistema estendeuse por toda a zona mediterránea da Península Ibérica, ata o SO, con diversas variedades caligráficas que permitiron establecer tres áreas: a catalana, a do SL e a do SO. A escritura ibera estendeuse, no s II, pola Celtiberia. Quedan inscricións sobre pedra, cerámica, láminas de chumbo e bronce e sobre vaixela de prata. Utilízase tamén nas moedas iberas do ss II e I a C, a pesar de que foron cuñadas polas autoridades romanas. Esta escritura puido nacer co amparo dos grandes santuarios do SL ou ben ao redor das colonias gregas ou fenicias. Tamén é incerto o motivo polo que se creou un sistema hemisilábico nun momento en que en todas partes se utilizaban outros alfabetos. Cun valor fonético moi diferente, o 70% dos signos procede do grego e o resto do fenicio. Seguramente se creou no s V, data das inscricións máis antigas coñecidas.
-
moeda ibera NUMIS
[NUMIS]
-
[ETN/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
-
s
Natural ou habitante da antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
-
adx