IBM
IBM
Empresa estadounidense pioneira na fabricación e venda de computadoras e material para a informática. Fundada en 1911 en Nova York, expandiuse considerablemente coa invención da tabuladora-impresora e a difusión das tarxetas perforadas. En 1944 apareceu o primeiro calculador electrónico, fabricado en serie desde 1951. As súas actividades estendéronse a moitos países con filiais e fábricas propias (IBM España SA).