ibo

ibo
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ibo.

    Sinónimos: bo.
  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo ibo.

    Sinónimos: bo.
  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo africano estendido polo SL de Nixeria, que se dedicou tradicionalmente á agricultura sedentaria. Inicialmente opuxéronse á ocupación colonial británica, pero posteriormente adoptaron o cristianismo e integráronse como subalternos na administración. Esta situación provocou enfrontamentos con outros grupos étnicos. Trala independencia o predominio dos hausa no goberno de Nixeria provocou o intento de secesión dos ibos, que foron practicamente exterminados durante a Guerra de Biafra (1967-1970).

    Sinónimos: bo.