icona

icona

(< gr bizantino εἱκών −όνος)

  1. s f [ARTE/RELIX]

    Representación pitórica, sobre madeira, de Xesús Cristo ou dalgún dos seus misterios, da Virxe ou dos santos. É un obxecto litúrxico visto pola teoloxía ortodoxa dentro da liña sacramental. Tivo un gran desenvolvemento despois do triunfo contra a iconoclastia. Adoitábase revestir a madeira cun fondo de pan de ouro ou metal; os debuxos eran xeométricos e estilizados. Destacan as escolas de Constantinopla, Creta, Venecia e a italobizantina, e en territorio eslavo, as escolas de Kiev e Novgorod, seguidas das de Suzdal, Pskov, Rostov e Moscova, impulsada por Teófanes o Grego e Andrej Rubl’ov.

  2. s f
    1. Signo que ten unha relación de semellanza formal co obxecto que representa, como por exemplo, os sinais de tráfico que indican a existencia dunha curva.

    2. [INFORM]

      Pequena imaxe coa que se identifica na pantalla un programa, arquivo ou función para facilitar a súa localización e acceder a el directamente situando o cursor sobre ela e facendo un clic co rato.

Formas incorrectas

icono

Palabras veciñas

ICOGRADA | ICOM | icon(o)- | icona | ICONA | icónico -ca | icono-