iconografía
iconografía
(
-
s
f
[ARTE]
Ciencia auxiliar da Historia da Arte que serve para descrifrar a temática dunha obra. A análise iconográfica permite atopar as fontes, a orixe e a definición dun tema determinado e estudar a súa evolución. No Renacemento comezaron a estudiarse as representacións das divindades clásicas, dos temas simbólicos e alegóricos, e a arte das catacumbas. No s XIX iniciáronse os estudios da iconografía medieval. No s XX destacaron as achegas de L. Réau e E. Mâle e a evolución da iconografía a partir de Aby Warburg.
-
s
f
[ARTE]
Colección ou clasificación de retratos.