iconostasio

iconostasio

(

  1. s m [ARQUIT/RELIX]

    Muro, de madeira ou de obra, que nas igrexas de Oriente, sobre todo nas de tradición bizantina, separa o santuario ou presbiterio da nave da igrexa. Ten unha porta central e dúas laterais e decórase con iconas. Por riba das portas atópase unha tripla franxa decorativa. É unha evolución do antigo cancelo basilical, no que se comezaron a colgar iconas, despois do triunfo do culto ás imaxes en 843.

  2. s m [ARQUIT]

    Cancelo de mármore ou pedra labrada empregado nas igrexas visigodas e mozárabes para separar o presbiterio da nave.

Palabras veciñas

iconoloxía | iconómetro | iconoscopio | iconostasio | icor | icoroso -sa | icos(a/i)-