itericia

itericia

(< ictérico)

s f [PAT]

Aumento da bilirrubina circulante, que provoca a aparición dunha cor amarelada na pel e nas mucosas, especialmente nas costas, no pescozo e na cara. Pódense clasificar en hemolíticas, cando aumenta a bilirrubina do sangue a causa dunha hemólise esaxerada, e colestáticas, cando presentan colestase. Entre as hemolíticas cómpre destacar a grave, familiar ou do neonato (eritroblastose fetal). OBS: Tamén recibe o nome de enfermidade de Abrami.