itiosauro -ra

itiosauro -ra

(< lat científico Ichthyosaurus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos itiosauros.

  2. s m [PALEONT]

    Réptil fósil da orde dos itiosauros.

  3. s m pl [PALEONT]

    Orde de réptiles adaptada á vida acuática, coas extremidades transformadas en aletas. Viviron no Triásico e no Xurásico, e extinguíronse na fin do Cretáceo. O xénero máis coñecido é Ichthyosaurus.

Palabras veciñas

itiolóxico -ca | itiopterixio | itiornitiforme | itiosauro -ra | itiose | itria | ítrico -ca