IGADI

IGADI
Nome científico: [Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional]

Entidade independente e sen fins de lucro fundada por Xulio Ríos en 1991, que ten por obxecto a investigación dos problemas internacionais desde unha perspectiva autóctona e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en todos os dominios. Desenvolve a súa actividade en diversos campos: no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, xestiona o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, os denominados Fondos Bilaterais con Venezuela, México e Brasil para a integración da emigración na acción exterior de Galicia, e sostén ademais a Fundación Plácido Castro. Realiza tamén un importante labor editorial coa publicación da revista semestral Tempo Exterior, dos dossieres quincenais de Actualidade Exterior, a preparación das Guías de Recursos do Arco Atlántico e da Acción Exterior de Galicia. Dispón tamén dun semanario dixital propio, o Canal Mundo.

Palabras veciñas

IFR | Ifrane | Ifrīqiya | IGADI | IGAPE | IGFET | Iggy Pop