Igrexa, pazo da
Igrexa, pazo da
Construción situada en Cela (Cambre). Realizado en cachotería de granito, ten planta rectangular con baixo e dúas alturas. O corpo superior foi engadido en época posterior. Na fachada destaca unha escaleira con patín e aos lados da porta dous escudos do s XVIII, un deles alude, entre outros, aos Castro, Figueroa e Salazar. Na fachada posterior atópase un balcón corrido na primeira planta.