ikurriña*
ikurriña*
s
f
Palabra que en vasco quere dicir ‘bandeira’, pero que pasou a designar unicamente a bandeira vasca, que consiste nunha aspa verde cunha cruz branca, sobre fondo vermello. Dese-ñárona os irmáns Arana Goiri en 1894. Confirmada en 1931 pola Sociedade de Estudios Vascos, o primeiro goberno autónomo vasco declarouna oficial en 1936 e utilizárona as súas milicias na Guerra Civil Española. Volveu ser empregada de forma oficial desde 1977.