íleo

íleo

(< gr εἰλέων p pres de εἰλεῐν ‘retorcerse’)

  1. s m [ANAT]

    Última sección do intestino delgado, que se estende entre o xexuno e o cego.

  2. [PAT]
    1. s m

      Falta de progresión do tránsito intestinal.

    2. íleo mecánico

      Íleo causado por unha obstrución da luz do intestino, xa sexa por ocupación desta ou pola estrangulación dunha asa intestinal (íleo estrangulado).

    3. íleo paralítico/adinámico

      Íleo producido por unha parálise da musculatura da parede dos intestinos.