ilirio -ria
ilirio -ria
(< lat Illirĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ilirios.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ilirio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indoeuropeo que habitou na costa adriática da Península Balcánica e se estendeu cara a Grecia e Italia, onde se fusionou cos dálmatas e liburnos, entre outros pobos. Constituíu un reino no s III a C e despois de enfrontrarse aos romanos en dúas guerras (229 a C-228 a C e 219 a C) foron ocupados polos romanos despois da Batalla de Pidna (168 a C).
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas indoeuropeas documentadas nunhas cantas inscricións, moi curtas, que proporcionan uns datos moi escasos para o seu estudo e coñecemento completo. O ilirio comprende as linguas dos vénetos, dos mesapios e dos filisteos.