Illa das Esculturas
Illa das Esculturas
Espacio natural e artístico situado na ribeira do Lérez, en Pontevedra. O proxecto, ideado por Xosé Antón Castro e Rosa Olivares, reúne obras de doce artistas nunha área de 70.000 m2 que se mantén sen urbanizar, coa flora e fauna autóctonas, e á que se accede por medio de pontes e pasarelas. Baseándose nas propostas da land art (‘arte da terra’), as obras relaciónanse coa paisaxe, as tradicións autóctonas, a historia da escultura, a pedra e a relación das persoas coa natureza. Xunto a outros artistas internacionais, atópanse obras dos galegos Fernando Estarque Casás, Francisco Leiro e Enrique Velasco.