Illinois

Illinois

Estado de EE UU situado no Medio Oeste (145.934 km2; 12.419.293 h [2000]). A súa capital é Springfield (111.454 h [2000]). Situado ao N das grandes chairas e ao S dos Grandes Lagos, o seu relevo é suave, tan só accidentado por depósitos morénicos. Divídese en dúas grandes concas hidrográficas: a do Mississippi e a do Wabash-Ohio. O clima é continental. A poboación concéntrase maioritariamente na aglomeración urbana de Chicago (9.157.540 h [2000]), case que as tres cuartas partes do estado. A principal actividade económica é a industria, localizada tamén ao redor de Chicago; o seu desenvolvemento, iniciado no s XIX, viuse favorecido pola presenza de carbón na conca de Illinois-           -Indiana, pola pronta construción dunha boa rede ferroviaria e polo intenso tráfico comercial a través do lago Michigan. Explorado polos franceses Marquette e Joilet (1673), foi cedido a Reino Unido polo Tratado de París (1763). Autónomo desde 1809, integrouse na Unión en 1818.