Ilustración Gallega y Asturiana, La
Ilustración Gallega y Asturiana, La
[PUBLIC]
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.