imaxinación
imaxinación
(< latimaginatĭōne)
-
-
s
f
Facultade de formar imaxes ou contidos mentais que deriven da percepción sensible.
Sinónimos: maxín. -
s
f
Facultade de combinar as imaxes que imitan feitos da natureza pero sen representar nada real ou existente.
Sinónimos: maxín. -
s
f
Facultade de organizar dunha maneira nova, en forma de imaxes, os materiais procedentes da experiencia perceptiva anterior.
Sinónimos: maxín. -
imaxinación creadora
Facultade de organizar imaxes autonomamente, segundo a inventiva individual.
-
imaxinación imitativa/reproductiva
Facultade de organizar imaxes de acordo cunhas formas previamente observadas.
-
s
f
-
s
f
Feito ou efecto de imaxinar.
Ex: Todo o que pensas que din de ti son imaxinacións túas.